Identificación
As presentes condicións regulan o uso permitido da páxina web con URL www.xanela.net (en adiante, a WEB), que NEXUS.GAL (en adiante, o TITULAR) pon a disposición dos usuarios de Internet (en adiante, os USUARIOS).
NEXUS.GAL SLU, con CIF B 15970122 e domicilio social na Rúa Camiños da Vida 3, 4ºA – Edificio Witland, 15705 • Santiago de Compostela (A Coruña), está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 2925, folio 9, folla nº C-34834, inscrición 1ª.
Propiedade Intelectual
Os CONTIDOS deste sitio WEB, entendendo por estes, a título meramente enunciativo, os índices, textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, ligazóns e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e código fonte, teñen un carácter meramente informativo, non constituíndo en ningún caso asesoramento legal ou profesional, e poderán ser modificados en calquera momento sen previo aviso. Tanto o acceso ao sitio WEB como o uso non consentido que se poida realizar dos seus CONTIDOS é de exclusiva responsabilidade de quen o leve a cabo.
O USUARIO comprométese a non empregar ningún dos CONTIDOS que este sitio WEB poña á súa disposición para desenvolver actividades contrarias ás leis, á moral ou á orde pública e, en xeral, a facer un uso conforme ás presentes condicións xerais.
Propiedade Industrial
O TITULAR é propietario dos dereitos de propiedade industrial referidos aos seus produtos e servizos.
En canto ás mencións de produtos e servizos de terceiros, o TITULAR recoñece a favor destes terceiros os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, sen que a súa simple cita ou aparición na WEB implique a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha do TITULAR sobre os mesmos, nin tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte do TITULAR, salvo que se manifeste de maneira expresa.
Responsabilidade
O TITULAR declina calquera responsabilidade respecto da información que se atope fóra deste sitio WEB e que non sexa xestionada directamente polo noso webmaster.
A función das ligazóns que aparecen neste sitio WEB é exclusivamente informar ao usuario sobre a existencia doutras fontes de información sobre a materia en Internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos nesta WEB. Ditas ligazóns non supoñen unha suxestión, invitación ou recomendación para visitar os sitios de destino, polo que o TITULAR non será responsable do resultado obtido a través deses enlaces hipertextuais.
En ningún caso, a existencia de sitios enlazados, denominacións ou marcas de terceiros debe presupor a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación do TITULAR coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados por estes.
Todo enlace de terceiros á WEB debe dirixirse á súa páxina principal, quedando expresamente prohibidos os enlaces profundos, o framing e calquera outro aproveitamento dos contidos da web a favor de terceiros non autorizados expresamente.
Prohíbese o uso de logotipos, marcas comerciais ou calquera outro elemento gráfico propiedade do TITULAR como parte dunha ligazón sen permiso expreso e por escrito.
Lexislación e xurisdición
O presente Aviso Legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lexislación española.
Para calquera controversia que poida xurdir entre o TITULAR e o USUARIO, acórdase o sometemento, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela, provincia da Coruña (España).